A senda peonil entre Alba e San Caetano estará lista a finais de ano

PONTEVEDRA> A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade visitou hoxe as obras da senda peonil entre Alba e San Caetano. Un novo itinerario de 700 metros de lonxitude e que conta cun orzamento de case 700.000 euros. O obxectivo é que os traballos estean rematados a finais de ano.

O proxecto desta senda peonil naceu co obxectivo de dar resposta ás demandas da cidadanía. Unhas demandas nas que se pedía maior seguridade na zona, tanto para os veciños como para os centos de peregrinos que pasan a diario por este tramo. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade quixo achegarse hoxe ata aquí para comprobar, de primeira man, a evolución dos traballos.

A senda peonil contará cunha lonxitude de 700 metros. Pola marxe esquerda executaranse case 600 metros continuos de senda e, pola marxe dereita, o que resta en dous tramos.

As obras da senda peonil puxéronse en marcha o pasado mes de xullo e o obxectivo é que estean rematadas a finais de ano. O orzamento destes traballos ascende a 674.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí