Ángel Rey competirá na final nacional da Olimpíada de Matemáticas

VILAGARCIA> Ángel Rey representará ao Castro Alobre na final da olimpíada matemática que comezará mañá en Xaén. O alumno vilagarcián clasificouse grazas ao terceiro posto no que rematou o torneo galego. Agora competirá con outros 53 participantes no campionato nacional.

Ángel Rey e Noa Patiño foron os dous representantes do Castro Alobre que se clasificaron para a final galega da olimpíada de matemáticas. A alumna non puido asistir o campionato pero si o fixo Ángel, que rematou nunha meritoria terceira posición. Un posto que lle permite clasificarse para a final nacional.

A pesar da dificultade, Ángel estivo preto de conseguir o premio a beleza matemática nun dos exercicios.

A final comezará mañá en Xaén e o alumno vilagarcián vese preparado para o novo reto.

Tralos éxitos que está acadando non é difícil imaxinar a que se quere dedicar este xenio das matemáticas.

Para repetir os logros dos campionatos anteriores, Ángel terá que competir agora con outros 53 alumnos de todo o territorio nacional.