O mal tempo e a proximidade de Nadal elevan o prezo de peixe e marisco nas prazas de abastos

RIBEIRA> A mes e medio das festas de Nadal, as prazas da comarca comezan a experimentar un repunte nas vendas de peixe e marisco. Os máis previsores xa comezaron a adquirir produto para conxelar co fin de evitar as bruscas subidas que se agardan nas datas previas ós festivos.

Queda aínda máis dun mes para as festas do Nadal pero os consumidores xa comezan a interesarse polo prezo dos produtos frescos, especialmente o marisco, para programar un menú o máis axeitado ós seus petos.

O certo é que nas últimas semanas, o mal tempo propiciou unha suba do prezo de peixe e marisco ante a escaseza de produto.

Aínda que moitos prefiren agardar ás datas previas o Nadal, hai quen opta por comprar con antelación e conxelar para evitar as previsibles subas.

Entre os mariscos máis demandados, dos que as peixeiras xa recibiron algúns encargos, destaca a cigala, a nécora, a centola ou a ameixa.