Máis de 5 mil persoas celebraron a toma de uvas en Vilagarcía

VILAGARCIA> O ano novo xa comezou.. polos menos en Vilagarcía. Como xa e tradición, a vila adianta a celebración do novo ano ás 12 da mañá. Máis de 5 mil persoas festexaron a toma de uvas esta mañá en Ravella.

En Vilagarcía xa é ano novo, ou polo menos os máis de 5 mil veciños que se deron cita esta mañá en Ravella así o festexaron. A vila celebrou a vixésimo primeira edición da toma de uvas.

Nenos, nenas, mozos, maiores, pais, amigos… a toma de uvas de Vilagarcía é unha tradición aberta a todas as idades. A celebración estase a converter nun referente da contorna, e o concello responde ante a demanda. Os pasacalles percorreron gran parte das rúas para levar a festa de ano novo a toda a vila.

A festa segue crecendo e este ano repartíronse 410 quilos de uvas, 20 de gominolas, 20 canóns de confeti e 412 botellas de cava. O ano novo comezou en Vilagarcía por todo o alto.

Despois da toma de uvas a festa continuou coa actuación dos Broken Peach. Unha festa que para moitos non acabará ata os churros do almorzo de mañá. Unha mostra máis de que en Vilagarcía as festas, sexa en xaneiro ou en agosto, non rematan ata o día seguinte.