VILANOVA> O Concello de Vilanova pon en marcha o seu proxecto de ‘Casas dos maiores’ repartidas polas parroquias. Anunciouno hoxe o alcalde dese municipio, durante unha visita ó Club de Xubilados. Ese espazo vai reabri-las súas portas tralo verán, unha vez concluída a súa reforma.
Vilanova ten seis parroquias e a intención do goberno local é que en cada unha delas abra as súas portas un espazo reservado para os maiores. O Concello iniciou xa as xestións na procura de locais.
As Casas de Camiores están pensadas para concellos de tamaño intermedio. Trátase dun proxecto financiado pola Xunta, que concede unha subvención ao particular que o solicite para o cuidado de cinco anciáns, a xeito de Centro de Día pero no entorno de cada usuario.
Ademais, o goberno local anunciou a inminente reapertura do Club de Xubilados, trala reforma acometida nos últimos meses. Segundo os cálculos do goberno vilanovés, o centro abrirá as súas portas tralo verán.