MEAÑO> A mancomunidade do Salnés forma a 10 participantes do seu obradoiro de emprego no sector da soldadura. O curso é moi demandado polas empresas da contorna, de feito máis de 40 compañías xa mostraron o seu interese en contratar persoal con cualificado nesta especialidade. Dos 10 participantes, 5 son mulleres, o que é unha mostra máis da incursión feminina neste sector.
A mancomunidade do Salnés continúa formando aos seus participantes do plan integrado de emprego nunha ampla variedade de cursos formativos. Este abanico engloba tanto sectores tradicionais como novas tecnoloxías cun mesmo obxectivo, conseguir a inserción laboral dos participantes. Nesta ocasión dez alumnos fórmanse no sector da soldadura.
O curso realizade en Meaño na empresa Censol. Nesta vila a oferta de persoal cualificado é moi demandada.
Durante 80 horas os e as participantes adquirirán os coñecementos necesarios para traballar no sector da soldadura.
Para os participantes, é unha oportunidade para formarse nun campo de difícil acceso. Nesta ocasión hai 5 mulleres, o que é unha mostra máis da incursión feminina neste sector.
Unha vez rematada a formación, os participantes recibirán un diploma que homologa os seus coñecementos como soldadores de nivel dous en distintos procesos.