Falece un mergullador en Portonovo

SANXENXO> Falece un mergullador en Portonovo ao pasarlle unha lancha por riba. A vítima, un vilagarcián de 36 anos, estaba a practicar pesca deportiva cun compañeiro cando se produciu o accidente en punta Cabicastro a última hora desta tarde. Segundo a testemuña do outro mergullador, a lancha de cor branca deuse á fuga tralo sinistro. Agora está a ser buscada pola Garda Civil. Os dous mergulladores estaban a practicar o deporte correctamente sinalizados por boias, polo que se descoñecen as causas do accidente. O corpo do falecido foi trasladado ao Instituto Anatómico Forense.