O concello de Cambados reducirá a 30 quilómetros hora a velocidade en todo o casco urbano

CAMBADOS> Cambados reducirá a velocidade do tráfico no centro urbano da vila a 30 quilómetros por hora. Dende o bipartito queren garantir a seguridade dos veciños e evitar os accidentes. A medida entrará en vigor o un de xullo.

O goberno de Cambados vai implementar diferentes medidas co obxectivo de acadar un desenvolvemento urbano sostible. A primeira que levará a cabo será a de limitar a velocidade de circulación no centro da vila a 30 quilómetros por hora. Entrará en vigor o 1 de xullo.

Na vila prodúcense ao ano preto de 60 accidentes. O obxectivo do bipartito é eliminar os accidentes e garantir a seguridade dos veciños.

A medida vai enfocada a mellora a convivencia da vila. Búscase converter Cambados nunha vila máis tranquila, segura e respectuosa co medio ambiente.

Esta medida irá acompañada dun aumento nos controis de alcohol e drogas para reducir as infraccións. Ademais o proxecto ampliarase cun proceso de humanización de distintas rúas do concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí