O local social do Burgo estará dispoñible a finais do verán

PONTEVEDRA> O local social do Burgo será unha realidade a finais do verán. Tras moitos aprazamentos, parece que as obras estarán rematadas en agosto. Esta mañá, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de obras, Demetrio Gómez, achegáronse ata o estadio de fútbol de Pasarón para coñecer de primeira man o estado das instalacións.

Así é como estaba o local social do Burgo o pasado mes de febreiro. E así é como está na actualidade. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de obras, Demetrio Gómez, aseguraron esta mañá na súa visita ás instalacións que as obras estarán rematadas a finais do verán.

O centro social contará cunha zona de estancia, unha cociña, catro aulas para actividades, despachos e aseos. Na planta baixa tamén haberá un espazo para almacenamento. En total, 600 metros cadrados destinados aos veciños do Burgo.

A obra, que estará rematada no mes de agosto e que está financiada pola Deputación e polo Concello, supuxo unha inversión de máis de 600.000 euros.