A escola de Verducido mantén a esperanza

PONTEVEDRA> Rematamos o informativo de hoxe cunha boa nova. A escola de Verducido mantén a esperanza de non perder a súa mestra de infantil. E todo grazas á matriculación dun novo alumno.

Din que a esperanza é o último que se perde, e senón que llo digan á escola de Verducido. Tras a redución, por parte da Xunta, das unidades educativas presentes ata agora no centro as familias puxéronse en pé de guerra porque crían que era imposible que a escola puidera sobrevivir con 31 alumnos e tan só 2 profesoras. Algo que nas últimas horas cambiou, grazas á matriculación dun novo neno.

A comunidade escolar pide á Consellería de Educación que devolva a mestra de infantil ao centro xa que consideran que a supresión desta praza fixa é unha medida estrutural.

As familias resístense e piden á Xunta de Galicia que reconsidere á marcha da mestra.

En Verducido non se renden e seguirán loitando, custe o que custe, pola ensinanza no rural e pola defensa da escola pública.