RIBEIRA> O alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, dáballe a benvida esta mañá no Concello á nova promoción da policía infantil que patrullará as rúas da localidade este verán. Este ano, a plantilla intégrana un total de 25 nenos, récord de participación das 24 promocións celebradas ata o de agora. A maioría deles repiten experiencia e, os novos, recibiron, da man do rexedor, o su carné de axentes.
Como tódolos veráns os pequenos axentes da policía infantil de Ribeira volverán prestar os seus servizos a tódolos veciños e turistas. Os nenos patrullarán as rúas informando ós viandantes sobre a localización das diferentes rúas e edicificos públicos e alertarán á policía local de posibles infraccións ou irregularidades que poidan observar.
En total este ano serán 25 os integrantes deste corpo infantil, o que supón un récord de participantes das 24 promocións xa celebradas. Antes de iniciar o seu traballo a pé de rúa, os pequenos policías realizaron un desfile na praza do Concello baixo a atenta mirada de tódolos presentes. Tampouco faltou a tradicional foto de familia que de seguro, para moitos deles, lle quedará de recordo.