Arredor de 150 personas reuniranse en Poio para festexar o San Cristovo

POIO> Todo listo en Poio para que arranque a décimo primeira edición da festa de San Cristovo. Este ano, toda a xornada desenvolverase na Comunidade de Montes de San Xoán. Alí, reuniranse arredor de 20 camións e, por suposto, non faltará nin a comida nin a música.

Poio prepárase para celebrar a gran festa en honor ao seu patrón: San Cristovo. A cita, que se desenvolverá este sábado día 13 a partires dás 18 horas, comezará coa concentración de vehículos na Seca e a tradicional misa solemne, que este ano se levará a cabo na Comunidade de Montes de San Xoán.

Ao rematar a misa solemne e a popular bendición dos vehículos asistentes dará comezo o percorrido de San Cristovo polo municipio.

Como ven sendo habitual, durante toda a xornada haberá actividades para todos os públicos.

Para rematar esta gran festa, que mellor que unha cea amenizada polo Dúo Perlas. O menú será polbo e carne ao caldeiro e as invitacións poden mercarse, ata este xoves, a un prezo de 25 euros.