Ence inviste 10 millóns de euros durante a súa parada técnica anual

PONTEVEDRA> A fábrica de Ence en Pontevedra está inmersa de cheo xa na súa parada técnica anual. Vaise prolongar ata o vindeiro 27 deste mes de setembro.

O parón servirá para a posta a punto das instalacións, coa incorporación de novas tecnoloxías e a mellora doutras xa existentes.

Segundo indica a pasteira, estes traballos suporán un investimento de 10 millóns de euros. Deles, 8 correspóndense directamente con gastos derivados do propio mantemento das instalacións. Os outros dous millóns son investimentos extraordinarios para a mellora da eficiencia da fábrica e tamén para favorece-la súa dixitalización.

Para estes traballos vanse mobilizar distintas empresas auxiliares, todas elas radicadas en Galicia.