Salnés Click: un centro comercial dixital que poderá ‘salvar’ aos comercios da comarca

SALNES> Salnés Click unirá aos negocios do Salnés nun gran centro comercial dixital. O alumnado dos obradoiros de Marketing e turismo traballan cos comerciantes para sumar o máximo de negocios posibles. Dende o consorcio sinalan que esta iniciativa pode salvar a moitos establecementos.

A plataforma virtual Salnés Clik xa está lista para ser lanzada. A web chegará aos usuarios do Salnés nos días premios á Semana Santa. Dende a mancomunidade, un equipo formado por 20 alumnos traballa nos últimos detalles para que a plataforma chegue aos clientes cunha ampla oferta de produtos. O obxectivo desta web é ampliar as posibilidades de vendas dos negocios da comarca.

A web converterase nun gran centro comercial dixital onde se ofertarán todo tipo de produtos e servizos.

O alumnado dos obradoiros de Marketing e Promoción turística encárgase de formar aos comerciantes. Proporcionando toda a axuda técnica necesaria para que podan ofertar e vender os seus produtos na páxina web.

Dende o consorcio de comerciantes do Salnés sinalan que esta plataforma pode evitar a desaparición de moitos negocios.

O alumnado estase encargando de contactar un por un con todos os comerciantes da comarca. Polo de agora a oferta da plataforma incluirá a máis de 250 establecementos. Unha cifra que vai en aumento e que será moito máis ampla o día do lanzamento de Salnés Click.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí