Os 20 participantes do obradoiro de emprego de Vilagarcía rematan a súa formación

VILAGARCIA> Os obradoiros de emprego de Vilagarcía rematan a formación dos 20 participantes. Os alumnos dividíanse entre a promoción de carpintería e mobles e a promoción de turismo local e información ao turista. En total nove meses de curso, dos cales 3 participantes xa atoparon emprego.

Despois de 9 meses de formación os obradoiros de emprego de Vilagarcía chagaron ao seu final. O obxectivo destes programas é formar a xente para unha rápida inserción labor. Nesta promoción participaron 20 alumnos divididos en dous obradoiros: Promoción de carpintería e mobles e promoción de turismo local e información ao turista.

Os obradoiro de emprego de Vilagarcía son un bo exemplo de colaboración entre administracións. Cun orzamento de preto de 600 mil euros, 450 mil foron aportados pola Xunta e o Resto polo concello da vila.

Durante a formación os alumnos levaron a cabo diferentes actividades no concello

Polo de agora, 3 dos 20 participantes xa atoparon emprego. A inserción laboral rolda o 10% na promoción de turismo e o 40% na de carpintería.