BOIRO> A Casa da Cultura de Boiro acollerá este sábado un Campionato galego e o OPEN de Culturismo. Participarán 20 deportistas nunha decena de categorías diferentes.
Unha vintena de participantes daranse cita este sábado no Campionato Galego de Culturismo que se celebra en Boiro. Comezará ás catro da tarde na casa da cultura da Cachada.
Ademais da presenza do seis veces campión de España Sebastián Lago, haberá representación local con dous culturistas de Boiro e varios deportistas da comarca.











