VILAGARCIA> Os amantes do heavy metal terán unha cita o vindeiro sábado 8 en Vilagarcía coa celebración do Alen Metal Fest. No festival participarán grupos tanto galegos, como nacionais e internacionais. O cabeza de cartel será o grupo vasco Bloodhunter, que tamén conta con artistas galegos.
En metade da pandemia, e a pesar das dificultades de celebrar eventos culturais, en Vilagarcía naceu o Alen Metal Fest. Un festival que neste 2023 regresa coa súa terceira edición para poñer o toque de heavy metal á comarca do Salnés. No evento, que se celebrará o vindeiro sábado 8 participarán grupos galegos, nacionais e internacionais.
Precisamente, Bloodhunter é o grupo que encabeza o cartel.
O heavy metal internacional estará representado pola banda portuguesa Attick Demons.
O Alen Metal Fest celebrarase no parque da Xunqueira e a entrada é de balde. Ademais os prezos da barra son populares para que a xente goce do Heavy Metal como se estivese nunha verbena.