CAMBADOS> O Salnés consolídase como destino para facer turismo con mascotas. A Mancomunidade acaba de rematar a segunda fase do seu proxecto pet friendly, posicionándose como un dos destinos máis avanzados e estruturados de España en turismo con mascotas. O organismo comarcal creou unha rede da que xa forman parte 159 establecementos e realizou auditorías nos nove concellos para analizar os distintos servizos dos que dispoñen e propostas de mellora.
Cada vez é máis habitual incluír a mascota nas vacacións. Un perfil á alza no que hai tempo puxo o foco a Mancomunidade do Salnés. A comarca consolídase como destino pet friendly, posicionándose como un dos destinos máis avanzados e estruturados de España en turismo con mascotas.
A Mancomunidade acaba de culminar a segunda fase do proxecto ‘O Salnés Pet Friendly’ implicando ás administracións. De feito realizáronse auditorías nos nove concellos da comarca.
Tamén se recolleron posibles actuacións a implementar en todo o territorio, como creación ou mellora de praias caninas, sinalización, instalación de fontes ou regulación de acceso das mascotas a edificios municipais. Tamén se elaborou un modelo unificado de ordenanza municipal. Por outra banda, da man do sector privado, seguiuse artellando unha rede de establecementos adheridos, que acada os 159.
Dende o sector privado aplauden o liderado da Mancomundiade no impulso ao turismo de mascotas.
E o presidente comarcal salienta que é unha ferramenta máis a prol da tan ansiada desestacionalización do turismo.
Ademais, a Mancomunidade seguirá promocionando o proxecto nunha importante feira do sector.
E ademais da promoción, contemplan xa unha terceira fase cunha auditoria aos 159 establecementos adheridos.











