Sete hostaleiros pontevedreses peregrinan a Madrid para esixir o rescate do sector

PONTEVEDRA> Sete hostaleiros da comarca arrancaron hoxe unha marcha a pé dende Pontevedra ata Madrid. O obxectivo: defender os seus dereitos e esixir máis axudas á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado. A manifestación foi denominada “Operación Rescate Hostalería”.

Eles son os sete hostaleiros que forman parte do equipo “Rescate Hostalería”. Sete persoas que hoxe arrancaron unha marcha a pé  dende Pontevedra cara Madrid. O obxectivo: mostrar a complicada situación que están a vivir centos de familias tras o peche do sector e esixir máis axudas por parte das distintas administracións.

Nin as baixas temperaturas, nin o temporal pararán esta peregrinación. Unha marcha que se concluirá, nuns 16 días, coa súa chegada ao Congreso dos Deputados.

Os hostaleiros afirman estar ao borde da ruína e aseguran que abrir as terrazas dos seus establecementos ao 50% non é rendible.

Esta marcha é o último cartucho de esperanza por parte dos hostaleiros para que as diferentes administracións, tanto a local, como a autonómica e a estatal, entendan que a “hostalería somos todos”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí