O PSdeG afronta o 28M en Pontevedra ‘ben posicionado’ e convencido de poder ‘competir con BNG e PP’

PONTEVEDRA> O Partido Socialista de Pontevedra, preparado para afrontar a carreira electoral. Esta mañá o comité provincial mantivo unha reunión na cidade para avanzar na preparación da campaña cara o 28 de maio. Segundo o seu candidato Iván Puentes, serán os primeiros comicios abertos en moito tempo. Para o número dous dos socialistas galegos, o PSOE está ben posicionado e con posibilidade de competir con BNG e PP.

Optimismo entre as filas socialistas de cara as eleccións municipais do 28 de maio en Pontevedra. Ata a cidade desprazouse hoxe o número 2 do PSdeG. José Manuel Lage participou nunha reunión do comité electoral da agrupación pontevedresa.

Lage Tuñas manifestou o respaldo absoluto do partido ao seu candidato na cidade, Iván Puentes. Para o secretario de Organización do PSdeG, están en condicións de situar en Pontevedra un alcalde socialista.

O alcaldable Iván Puentes confía tamén nas opcións do partido que encabeza. E insistiu en que o seu obxectivo é dar unha nova marcha á cidade.

Dende Pontevedra, José Manuel Lage defendeu tamén que o PSdeG está ben posicionado para ser unha alternativa á Xunta de Galicia. Independemente de quen sexa o candidato socialista, tendo en conta o novo escenario que se abre co regreso de José Ramón Gómez Besteiro á primeira liña política como Delegado do Goberno en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí