Lores cre que fan falla medidas máis drásticas para reducir os casos de coronavirus

PONTEVEDRA> Pontevedra continúa sendo o municipio cos datos máis altos de coronavirus de toda a área sanitaria. O alcalde da Boa Vila valorou hoxe a situación actual da pandemia e criticou que non se tomasen medidas máis drásticas con anterioridade.

Preocupación ante o aumento de casos de coronavirus rexistrado nas últimas semanas.  A pesar das medidas adoptadas pola Xunta,  Pontevedra conta hoxe con 361 positivos e a curva de contaxios non deixa de crecer. Miguel Anxo Fernández Lores é contundente e asegura que as medidas chegaron tarde.

A evolución da pandemia nas vindeiras semanas marcará as pautas de cara ao Nadal. No Concello de Pontevedra aseguran que o goberno local non renuncia a celebrar actividades, sempre e cando se manteñan todas as medidas antiCovid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí