Vinte catadores xa buscan os mellores albariños Rías Baixas do 2018

CAMBADOS> Os catadores xa están dende hoxe no Parador de Cambados para escoller eses tres viños, os mellores albariños do ano 2018. Esta mañá arrincou a Cata Prima da trixésimo primeira edición da Cata Concurso Rías Baixas, con 59 candidatos.

O Consello Regulador encárgase da súa organización, e supervisa tanto a recollida como todo o proceso de cata. Os viños puntúanse segundo a normativa da Organización Internacional do Viño.

22 catadores son os encargados desta difícil decisión. Entre eles, hai membros tanto do panel de cata interno do Consello Regulador como dun externo, escollido para a ocasión.

A súa misión é escoller os mellores albariños do ano 2018. É dicir: aqueles que se axusten máis ás características e tipicidades que se buscan nos viños desta variedade.

Ano a ano, a tarefa complícase para estes expertos. A Denominación de Orixe fai unha aposta decidida pola calidade; un camiño no que as adegas están totalmente implicadas.