Rematada a primeira fase das obras de ampliación de urxencias do Hospital da Barbanza

RIBEIRA> Rematada a primeira fase das obras de ampliación da área de urxencias do Hospital da Barbanza. Esta mañá o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, visitaba as instalacións para comprobar o resultado dos traballos realizados ata o de agora. Segundo el o novo espazo podería entrar en funcionamento en breve.

Acompañada do director do hospital, Salvador Mariño, a delegada Territorial de Sanidade, Cristina Pérez, a Xerente da Xestión Integrada de Santiago-Barbanza, Eloína Núñez, e a tenente de alcalde de Ribeira, María Sampedro, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, comprobaba esta mañá o resultado das obras levadas a cabo nesta primeira fase dos traballos e que consistiron basicamente na ampliación de espazos para unha nova admisión de pacientes.

O Conselleiro confía en que as obras continúen avanzando a bo ritmo para poder poñelas en funcionamento nos primeiros meses do ano que vén.

As obras de ampliación da área de urxencias do Hospital contan cun investimento de 1,6 millóns de euros. A actuación, unha vez rematada, ampliará en más dun 40% a  superficie desa área.