AILLA> Rematan na Illa de Arousa as obras de valado do espazo de dunas da Area de Secada. Coa intervención búscase protexer o espazo natural e evitar o acceso de persoas. A obra tivo un custo de 40 mil euros.
Un dos maiores reclamos da Illa de Arousa é a súa natureza. Pero este reclamo, tamén provoca que en determinadas ocasións a presencia de persoas dane eses espazos naturais. Para protexelos, o goberno da Illa está levando a cabo un proxecto de coidado da súa natureza. A última intervención está destinada a protexer as dunas de Area de Secada e conta coa colaboración da Xunta de Galicia.
A intervención tivo un custo de 40 mil euros, dos cales 30 mil foron aportados pola xunta co fondo de compensación ambiental e os outros 10 mil con fondos propios do concello. O valado é un paso máis no proxecto de protección medio ambiental do concello da Illa.
O proxecto está axudando a protexer a Illa, pero calquera medida non servirá de nada se a xente non actúa con conciencia.
Tras esta actuación o goberno da Illa xa traballa en novas medidas para poñer en marcha. Dende a Xunta tenden a man para continuar colaborando e protexer a natureza do concello insular.