O BNG de Ribeira pide que se solucionen as eivas na rede de abastecemento de auga

RIBEIRA> Os nacionalistas din recoller o malestar da veciñanza, que dende distintos puntos do municipio, piden unha solución a estes problemas.

O voceiro nacionalista acusa ó executivo de non tomar medidas para tratar de solucionar estas anomalías cada vez máis frecuentes.

Os nacionalistas aproveitan este problema para volver a reclamarlle ó Concello que asuma a xestión directa da subministración da auga no municipio, para eles un servizo esencial para a veciñanza.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí