O XX Trofeo Hotel Carlos I Silgar celebrará o campionato galego de cruceiros ORC

SANXENXO> O Trofeo Hotel Carlos I Silgar de Sanxenxo chega á vixésima edición e de novo acollerá o campionato galego absoluto de cruceiros. No evento que terá lugar do 9 ao 11 de agosto participarán máis de 20 embarcacións.

O Real Club Náutico de Sanxenxo, coa colaboración da Real Federación Gallega de Vela e o patrocinio do Hotel Carlos I Silgar, celebrará do 9 ao 11 de agosto o XX Trofeo Carlos I Silgar – XXXII Regata Ruta de las Islas. Unha data especial polos vinte anos deste patrocinio.

O trofeo dividirase en cinco grupos: as clases ORC da unha a catro e o open, cos barcos que non compitan nas clases anteriores. A competición acollerá tamén o campionato galego absoluto de cruceiros polo que se prevé que aumente a participación.

Dende o concello resaltan a importancia de apoiar este deportes pola grandes posibilidades que ofrece para Sanxenxo.

O primeiro clasificado da xeral que cumpra co regulamento  de cruceiros será proclamado campión galego. Tamén terán premio os tres primeiros de cada clase.