Sanxenxo reforzará a Garda Civil con 14 axentes e a policía local con 35 auxiliares ante a gran previsión de visitantes durante o verán

SANXENXO> Sanxenxo reforzará as forzas de seguridade de cara ao verán ante a previsión dun amplo desprazamento de turistas. O cuartel da garda civil ampliará o seu persoal con máis de 14 axentes, a policía local recibirá 35 auxiliares e ademais a vila contará co apoio da garda nacional republicana portuguesa. Con este reforzo, a subdelegación do goberno e o concello queren garantir a seguridade na vila.

Coa fin da pandemia agárdase que este sexa un verán de moito movemento de turistas. E sempre se fala de turismo, Sanxenxo é unha das vilas máis importantes. Preocupados ante a previsión dun ano récord de visitantes, as forzas de seguridade da vila, o concello e a subdelegación do goberno realizaron  unha xunta local de seguridade para establecer as medidas a tomar de cara ao verán.

A petición foi recollida pola subdelegada do goberno, que xa informou de que o cuartel da Garda Civil da vila incrementarase este verán con máis de 14 axentes.

Dende o concello tamén incrementarán o persoal da policía local con 35 auxiliares.

Ademais, as forzas de seguridade tamén contarán co apoio da garda nacional republicana portuguesa, especialmente naqueles tramos nos que transcorre o camiño de Santiago.

Dende as administracións matizan que grazas a este traballo conxunto, Sanxenxo é un lugar seguro e que a pesar do gran incremento de poboación que sofre, os incidentes na vila son moi escasos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí