O Intecmar consegue a primeira acreditación de Galicia para a cuantificación de norovirus

VILAGARCIA> O Intecmar faise coa primeira acreditación en Galicia para a cuantificación de norovirus en ostra e Mexillón. Deste xeito o centro situado en Vilaxoán logra mellorar o control microbiolóxico sobre estas especies. O bo traballo que está a realizar este centro leva a incrementar o seus orzamento ata os 3,4 millóns de euros e a contratar a catro novos profesionais.

A Conselleira de Pesca visitou o Intecmar despois de que o ENAC concedese ao laboratorio a primeira acreditación en Galicia para a cuantificación de norovirus xenogrupo I e II en ostra e mexillón. Deste xeito o centro vilaxoanés logra mellorar o control microbiolóxico sobre estas especies. Rosa Quintana asegurou que estes recoñecementos son posibles grazas á profesionalidade dos traballadores do Intecmar.

O norovirus é unha especie patóxena que existe na auga e pode transmitir enfermidades. O Intecmar encargouse de facer tódalas analíticas de España. O centro convértese no primeiro de España en acadar esta acreditación e fai 2 anos antes do establecido na normativa europea.

Dende o centro aseguran que esta é a liña ascendente que ten que seguir o Intecmar.

O bo traballo que se está a levar a cabo no Intecmar leva a Xunta a elevar o seu orzamento ata os 3,4 millóns de euros e a ampliar o seu persoal dos 87 a os 91 profesionais.