SANTIAGO> Prisión permanente revisable para José Enrique Abuín polo crime de Diana Quer. A Audencia Provincial da Coruña impuxo ao Chicle a pena máxima, despois de que o pasado día 30 de novembro o xurado considerárao culpable dos delictos de detención ilegal, agresión sexual e asasinato con aleivosía da moza madrileña.
Dezasete días despois de que o xurado emitira o seu veredicto declarando culpable a O Chicle de deter ilegalmente, agredir sexualmente e asasinar a Diana Quer, a Audiencia Provincial da Coruña emitiu a súa sentenza: José Enrique Abuín cumprirá prisión permanente revisable polo crime da moza madrileña.
Segundo explica o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, O Chicle considérase culpable dun delito de asasinato con aleivosía, cometido para ocultar a agresión sexual. A sentenza recolle o atenuamente de confesión.
A condena de Abuín Gey vai máis aló da prisión permanente revisable. De feito, se tras revisar o caso queda nalgún momento en liberdade, terá que cumprir outros dez anos de liberdade vixiada. Ademais, ten prohibido achegarse aos pais e á irmá da vítima, aos seus domicilios, lugares de traballo ou calquera parte na que se atopen, a unha distancia inferior a mil metros. Tampouco poderá comunicarse con eles por calquera medio durante a duración da súa pena e, en todo caso, dende o inicio do cumprimento e ata que transcorran dez anos dende a conclusión.
O tribunal condéao tamén á pena de catro anos de cadea e cinco anos de liberdade vixiada como autor responsable dun delicto de detención ilegal e dun delicto de agresión sexual.
A través das súas redes sociais, o pai de Diana amosábase aliviado tras coñecer que finalmente O Chicle terá que cumprir prisión permanente revisable. Pola súa banda, a Garda Civil da Coruña atribuía esta condena ao traballo realizado pola Policía Xudicial da Coruña e a UCO na investigación do crime da moza madrileña.