Pulseiras solidarias da AECC: o agasallo para eventos co que apoiar a investigación contra o cancro

PONTEVEDRA> Falámoslles agora dunha opción ben interesante para agasallar aos seus convidados nas datas especiais. A Asociación Española Contra o Cancro de Pontevedra ten toda unha lista de opcións entre as que poden escoller. Detalles bonitos, útiles e, sobre todo, solidarios. Os máis especiais son unhas pulseiras que elaboran un grupo de voluntarias da entidade. Vexan como traballan.

Unha chamada ou un correo electrónico son suficientes para poñer a cadea a funcionar.

Bolígrafos, espellos, camisetas, gorras, chaveiros ata un lapis infinito. Son algunhas das opcións que a Asociación Española Contra o Cancro nos ofrece para agasallar aos nosos convidados nas datas especiais.

Dentro do catálogo, as pulseiras son a opción máis popular. Están feitas ademais por voluntarias da asociación.

As cabezas non paran e as mans, tampouco. Este grupo traballa arreo para que os pedidos cheguen en tempo e forma.

Menchu leva seis anos dedicando parte do seu tempo libre a colaborar coa Asociación Española Contra o Cancro. Máis veterana é Conchi. Xa suma trece ao pé do canón.

As pulseiras acompáñanse dunha tarxeta totalmente personalizable e unha envoltura moi coidada pon a guinda a este agasallo solidario.

Con este obxectivo, as voluntarias traballan arreo para apoiar a asociación. Un labor moi gratificante para o que, como explica Raquel, unha das últimas incorporacións ao grupo, se precisan moitas mans.

Así que se teñen algún evento proximamente e queren agasallar aos seus convidados cun detalle bonito, útil e, sobre todo, solidario, xa saben a quen chamar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí