Grandes descontos e moito ambiente na Feira de Oportunidades de Cambados

CAMBADOS> Grandes ofertas e moito ambiente na Feira de Oportunidades de Cambados. O bo tempo está a anima-las vendas. Case unha trintena de establecementos sacaron os seus mellores produtos á rúa nestes días. A cita complétase cunha ampla carta de produtos gastronómicos, que se poden degustar no propio Paseo da Calzada.

Cun tempo máis que agradable e coas xornadas festivas polo medio, a Feira de Oportunidades de Cambados gusta a compradores e vendedores.

Os que andan na procura de mellor ganga, atopan grandes descontos, promocións irresistibles e boa calidade nos produtos.

Moitos veñen xa da casa coas ideas claras, buscando un produto concreto. Outros anímanse a pasear pola Calzada e, de paso, caer na tentación.

Os comerciantes recoñecen que a Feira de Oportunidades funciona. Moitos repiten de edicións anteriores e salientan a boa acollida de público. Din que o sol e as altas temperaturas animan á xente a dar unha volta. Este ano a cousa vai, para a maioría, mellor que nunca.

Como complemento á Feira de Oportunidades, proposta gastronónica tamén na Calzada cos mellores produtos do mar. Mañá, o evento impulsado por Cambados Zona Centro pechará as súas portas.