Os socialistas do Salnés piden a Gonzalo Durán que convoque xa o pleno de consitución da mancomunidade

SALNÉS> Os socialistas do Salnés reúnense para pedirlle ao presidente en funcións da Mancomunidade que convoque o pleno de constitución do ente comarcal. Os representantes do PsdeG non ven ningunha razón para que Gonzalo Durán aprace o pleno ata setembro. Consideran que é unha falta de respecto institucional que atenta contra os principios de consenso da Mancomunidade.

O presidente en funcións da mancomunidade do Salnés tiña ata o día 15 de agosto para convocar o pleno de constitución do ente comarcal. En lugar diso Gonzalo Durán apraza o pleno ata setembro agardando a que se resolva a reclamación feita pola eleccións dos representantes do concello de Meaño. Unha decisión que non comparten os socialistas.

Os socialistas non ven motivos para aprazar o pleno de organización.

Por iso dende o PsdeG piden ao presidente en funcións da mancomunidade que convoque o pleno.

Os socialistas tamén responden ás acusacións de Gonzalo Durán de aceptar os votos dos tránsfugas.

Os socialistas agardan que Durán convoque o pleno de organización da mancomunidade pero, en caso de que non o faga, valorarán outras medidas a adoptar para desbloquear este conflito.