PONTEVEDRA> A organización da Gladiator Race non tira a toalla.Esta mañá presentaron no concello de Pontevedra a cita, que se celebrará esta fin de semana. Iso si, están a traballar arreo para que sexa posible. O pasado xoves 23 de xuño, perderon todo o material que se ía utilizar na proba nun incendio que, están convencidos, foi intencionado.
O pasado 23 de maio comezaba para os organizadores da Gladiator Race unha auténtica proba de esforzo e resistencia. Un incendio na nave que empregaban como almacén arrasaba con todo o material que tiñan previsto empregar para montar a proba que se celebra esta fin de semana en Pontevedra.
Dende entón, traballan a contrarreloxo para que a proba pontevedresa poda ser unha realidade.
Os organizadores garanten que esta fin de semana na Illa das Esculturas haberá 40 obstáculos que os deportistas terán que superar na versión máis longa da proba. Actualmente hai xa 1650 inscritos na carreira de adultos, que se celebrará o sábado. O domingo será a quenda dos nenos, con 340 participantes.
A Gladiator Race terá tamén a súa vertente solidaria. A proba colabora este ano coa Asociación Española contra o Cancro de Pontevedra, destinando unha parte das inscricións.











