VILANOVA> O Concello de Vilanova e a Xunta de Galicia asinan un convenio para mellor as instalacións do multiusos da vila. A reforma inclúe un ascensor e unha plataforma para mellor a accesibilidade das persoas discapacitadas. A obra terá un custo de 38 mil euros.
O Concello de Vilanova levará a cabo unha nova reforma no pavillón. Desta volta, a obra servirá para mellorar a accesibilidade das instalacións coa construción dun ascensor que de acceso á grada onde se habilitará unha plataforma.
A reforma levarase a cabo grazas ao convenio firmado coa Xunta de Galicia. Para o organismo autonómico esta mellora englóbase dentro do seu proxecto de igualdade no deporte.
A mellora terá un custo de 38 mil euros que será financiada por ambas partes.
Gonzalo Durán resaltou a importancia de mellorar un pavillón que a pesar de ter tan só 25 anos non estaba adaptado ás necesidade de accesibilidade. A reforma tamén beneficiará ás persoas maiores e as embarazas debido ás súas dificultades para acceder á grada.