Meaño aforrará un 50% en electricidade coa substitución de 315 luminarias

MEAÑO> O concello de Meaño substituíra a iluminación de 315 farois por lámpadas led. O investimento ten un custo de 100 mil euros que serán aportados polos fondos Feder, a deputación e o concello. A mellora suporá un aforro para a vila dun 50% na factura eléctrica.

O concello de Meaño verase beneficiado por unha axuda dos fondos Feder destinada a favorecer a transición nas localidades a unha economía baixa en carbono. O obxectivo é mellorar a eficiencia enerxética nas infraestruturas e servizos públicos. Seguindo as bases da Unión Europea o municipio substituirá 315 luminarias.

O investimento ten un custo de 100 mil euros, dos cales preto de 80 mil son aportados polos fondos Feder, sete mil cincocentos pola deputación de Pontevedra e doce mil cincocentos polo concello de Meaño.

O concello de Meaño beneficiarase destas axudas grazas á colaboración coa Deputación de Pontevedra. O ente provincial acadou un acordo con 43 concello da provincia para adherise ao plan de aforro enerxético da Unión Europea. O convenio permitirá un aforro da factura eléctrica na provincia dun 65% e, concretamente, en Meaño dun 50%.

A intención do concello e seguir colaborando con outras administracións para renovar tódalas luminarias do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí