Piragüilla e a OPP-20 da Illa de Arousa levan ó alumnado de primaria da comarca a marisquear

ILLA DE AROUSA> Ó marisqueo dende cativos. Non para traballar, senón para coñecer o oficio e prevelos na loita contra o furtivismo. Na Illa de Arousa se están a realizar unhas xornadas divulgativas que levan a todo o alumnado de primaria a visitar as súas praias.

Os máis cativos da comarca están a visitar as praias da Illa de Arousa para coñecer o traballo do marisqueo e coller conciencia na loita contra o furtivismo. Isto é posible gracias as xornadas divulgativas do marisqueo que puxeron en práctica este ano Piragüilla e a OPP-20 da Illa de Arousa.

O proxecto púxose en marcha en febreiro e rematará no mes de abril. Está destinado a todo o alumnado de primaria da Illa e a súa contorna.  Hoxe os protagonistas foron os alumno do colexio de San Roque que demostraron todo o aprendido.

Dende Piragüilla realizan actividades que fomenten o vínculo entre a natureza e os cativos para que poidan gozar do entorno dunha forma saudable e respectuosa. O alumnado teno claro.