SANXENXO> 30 establecementos hoteleiros do Salnés víronse beneficiados polas axudas da Xunta para modernizar as súas instalacións. En total o ente autonómico destinou 1,2 millóns de euros dos cales máis de 660 mil foron para a provincia de Pontevedra. Dende o concello agardan superar este mes as 250 mil pernoitas.
A xunta de Galicia destinou máis de 1,2 millóns de euros a diferentes establecementos hoteleiros para modernizas as súas instalacións. En total se viron beneficiados 70 hoteis da comunidade dos cales 30 están no Salnés e 21 en Sanxenxo.
A xunta aportaba ata o 30 por cento da reforma co cal se moveron máis de 4 millóns de euros. As melloras estaban destinadas a adaptación para minusválidos ou a eficiencia enerxética entre outras.
O alcalde de Sanxenxo mostrou a súa satisfacción porque a vila do Salnés sexa destino do norte de España con máis ocupacións hoteleiras. Telmo Martín agarda chegar este mes as 250 mil pernoitas.
Tanto o alcalde de Sanxenxo como o representante provincial da Xunta agardan seguir colaborando para mellorar a oferta turística da vila e da provincia.