As mariscadoras dan comezo co pregón ás festas de San Bartolomeu de Noia

NOIA> Noia acolle dende hoxe venres ata o luns as festas na honra do seu patrón, San Bartolomeu. Este mediodía arrancaban as celebracións co pregón a cargo do colectivo de mariscadoras. Un dos pratos fortes do programa terá lugar esta noite co concerto da Mago de Oz no Campo de San Alberto.

Noia respira aire de festa. Durante catro días, dende hoxe ata o vindeiro luns celebraranse as festas patronais do san Bartolomeu, unha das citas de maior tradición na vila. Os festexos arrancaban este mediodía co pregón oficial, a cargo do colectivo de mariscadoras. Un sector de gran repercusión no desenvolvemento económico non só do municipio senón tamén da comarca.

Un dos pratos fortes do cartel festivo é o concerto de Mago de Oz previsto para esta noite. Un concerto ademais que terá un carácter solidario a favor de Cáritas e da Cruz Vermella. Os que asistan deberán retirar unha rifa-donativo. Pero esta actuación musical non será o única. Mañá sábado na alameda celebrarase un gran concerto con tres artsitas moi eurovisivas, Rosa de España, Lucía López e Eleni Foureira. Xa o domingo na praza do Tapal actuarán Lilía e Noite de Berros. Tampouco faltarán estes días as orquestras máis punteiras de Galicia, incluído a local, a París de Noia. Outra cita importante da xornada dominical será a Festa da Empanada