Cambados avanza na mellora de Sete Pías, que rolda xa o 90% de ocupación

CAMBADOS> Cambados anuncia a terceira fase do proxecto de mellora do Polígono de Sete Pías. Vaise actuar en tres rúas, coa renovación da pavimentación e o reforzo da seguridade viaria. En total, investiranse 115.000 euros, quedando só unha derradeira intervención noutra rúa que, segundo avanzaron hoxe, quedará para o ano que vén.

A terceira fase do proxecto de mellora do Polígono de Sete Pías afecta ás rúas Concepción Arenal, María Solinha e María Castaña.  Vanse investir 115.000 euros.

Con estas obras, a mellora das vías principais do polígono quedará resolta. A actuación rematará o ano que vén cunha pequena actuación noutra rúa secundaria.

Segundo os cálculos do bipartito, dende o ano 2015 investiuse un millón de euros nas distintas dotacións de Sete Pías.

Unha serie de melloras, entende o Concello, que serven para dinamizar e facer máis atractivo este polígono para novas empresas. Un obxectivo que se está conseguindo, coa ocupación de máis parcelas e a creación nos últimos anos duns 400 postos de traballo. Agora mesmo, o polígono sitúase nun 90% de ocupación con apenas un feixe de parcelas baleiras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí