A POBRA> Nas próximas semanas dará comezo a segunda fase da remodelación das obras do pavillón de Venecia, na Pobra. Os traballos, cun orzamento de 230 mil euros, consistirán na substitución da pista, reforma dos aseos e melloras na accesibilidade e alumeado na instalación.
Ademais da renovación da pista na que se colovará pavimento deportivo área-elástico procederase a realizar melloras nas varandar e cerrallaría metálica así como ó pintado do inmoble e a renovación do corredor inferior da bancada principal.
A actuación inclúe tamén o cambio das portas exteriores e e a reforma dos baños para adaptalos á normativa en materia de accesibilidad así como a mellora do alumeado.
A obra que supón un investimento de 230 mil euros dá continuidade á actuación de emerxercia acometida anteriormente que consistiu na substitución da cuberta e arranxo dos piares. O prazo de execución é de cinco meses, tempo durante o cal trasladarase aa actividade ó polideportivo da Tomada e a instalacións municipais de Ribeira.