O Partido Popular de Poio acusa a Chelo Besada de chamarlles “imbéciles”, “merdas” e “desvergoñados”

POIO>  Polémica en Poio. O Partido Popular decidiu abandonar o último Pleno municipal en protesta polos insultos recibidos por parte de Chelo Besada. Segundo informou Ángel Moldes, a socialista dirixiuse a eles como “imbéciles”, “merdas” e “desvergoñados”. Uns feitos que xa foron negados pola propia tenente de alcalde pero que volven a poñer o foco na importancia de retransmitir estas sesións plenarias.

“Desvergoñados”, “imbéciles” ou “merdas” eses son algúns dos insultos que levaron ao Partido Popular de Poio a abandonar o último pleno municipal. Uns insultos que, segundo informou o voceiro da agrupación local, Ángel Moldes, veñen repetíndose nos últimos tempos por parte da socialista Chelo Besada.

Ante estas declaracións, Chelo Besada admitiu que si chamou “desvergoñados” aos populares. Pero asegura que o fixo tras as faltas faltas de respecto que estes demostraron durante a intervención do edil Xulio Barreiro. Un feito que aclarou así  Ángel Moldes.

Tras este suceso, os populares volven a incidir na importancia de retransmitir os Plenos para que os veciños coñezan a verdadeira cara da corporación municipal.

Ángel Moldes recorda tamén que en febreiro de 2018 houbo un acordo plenario para que as sesións fosen gravadas e retransmitidas. Un acordo que non se está levando a cabo e que podería levar aos populares a acudir aos xulgados se o goberno municipal non move ficha neste eido.