O PSdeG acusa á Xunta de desviar fondos estatais destinados ó reforzo da sanidade

BARBANZA> O PSdeG levará ó Parlamento o destino de 159 millóns recibidos pola Xunta para o reforzo do sistema sanitario durante a pandemia. O secretario xeral dos socialistas rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias para coñecer o destino dos fondos transferidos polo goberno central.

O PSdeG acusa á Xunta de desviar de 159 millóns de euros, dos 418 transferidos polo goberno central no 2020 para reforzar a sanidade nos peores momentos da pandemia.

Os socialistas insisten en que así consta no último informe do Consello de Contas polo que solicitarán no Parlamento que se aclare o destino real desta partida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí