Dous chefs da Pobra compartirán as súas receitas coa veciñanza nas Mostras de Cociña do Nadal

A POBRA> O concello da Pobra volve poñer en marcha as Mostras de Cociña este Nadal. Serán os días 13 e 27 de decembro, cando dous recoñecidos cociñeiros pobrenses compartirán coa veciñanza os seus segredos na elaboración de receitas.

O éxito da pasada edición animou ó concello da Pobra a poñer en marcha de novo este Nadal as Mostras de Cociña no Mercado.

Os interesados en participar poden inscribirse a partir de mañá. O número de prazas está limitado a 25 en cada unha das mostras

Ademais este ano, os asistentes poderán levar un receitario para elaborar na súa casa e sorprender ós convidados cociñando como auténticos profesionais.