O Concello de Pontevedra reinicia a actividade municipal e pon o foco no “día despois” da pandemia

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra reinicia a actividade municipal e pon o foco no “día despois” da crise sanitaria. O alcalde compareceu esta mañá en rolda de prensa virtual tras celebrar unha Xunta de Portavoces. Nela, concretouse o día do próximo pleno ordinario e debatéronse diferentes ideas de cara á desescalada.

O Concello de Pontevedra reinicia a actividade municipal cunha Xunta de Portavoces na que se concretou o funcionamento do próximo pleno ordinario. A sesión celebrarase o día 18 de maio no Teatro Principal.

O goberno municipal pon o foco no “día despois” da pandemia. Tras aprazar a paga de impostos, o Concello baralla agora a posibilidade de facer unha rebaixa nas taxas cando remate o estado de alarma.

En canto á desescalada, o alcalde valorou positivamente a posibilidade de que se faga por áreas sanitarias. Ademais, Miguel Anxo Fernández Lores pediu a toda a cidadanía sensatez, prudencia e responsabilidade para seguir afrontando a crise do coronavirus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí