Os 17 voluntarios do Grove retiran máis de 3 toneladas de uña de gato

O GROVE> Cando falamos de vacacións pensamos en descansar, relaxarnos ou viaxar, pero hai quen dedica o seu tempo libre a labores de voluntariado. Na comarca do Salnés, 17 rapaces e rapazas formaron parte este verán do campo de voluntariado do Grove. Sensibilización medioambiental, limpeza de plantas invasoras e restauración de espazos públicos foron algunhas das súas tarefas.

A terra que habita o mar é unha das propostas que a Xunta de Galicia ofertou este ano en campos de voluntariado. O proxecto está a ter lugar no Grove e nel participan 17 rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos. Mediante as tarefas que realizan búscase a sensibilización medioambiental, a limpeza de plantas invasoras e a restauración de espazos públicos.

Esta semana rematará o campo de voluntariado do Grove co que se pechará a campaña de verán. A directora xeral de xuventude, participación e voluntario destacou a labor fundamental que realizan os participantes.

Entre as labores que realizaron ao longo deste verán destaca a retirada de máis de 3 toneladas de uña de gato. Unha planta invasora que afecta ao ecosistema da zona.

Outra das labores que levaron a cabo nos últimos días foi a restauración dos observatorios de aves da Lanzada. Unhas tarefas que nos benefician a todos e que os voluntarios fan de forma desinteresada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí