A Uvigo proba a terapia con cans para o estrés e a ansiedade

Pontevedra> A comunidade universitaria afronta o final de curso e aumentan os niveis de estrés e ansiedade. Para axudarlles a combatelo, a Universidade de Vigo ofrece a estudantes, profesores e persoal unha novidosa terapia con cans.

Os tres campus da Universidade de Vigo poñen a disposición da comunidade educativa a terapia con cans. A través do seu gabinete psicopedagóxico, incorporáronse este curso obradoiros nos que se intenta aliviar os altos niveis de estrés e ansiedade con exercicios conxuntos cos animais.

As sesións, en grupos de entre 7 e 10 persoas, pretenden ensinar ós participantes a relaxarse, ser máis positivos, mellorar a concentración, reforzar o estado de ánimo e a autoestima, e potenciar a interacción co entorno. Olga é un dos catro cans que participan nas actividades.

Para comprobar os resultados da terapia, antes e despois das sesións tómase a tensión ós participantes para medir o seu nivel de estrés. Os datos recollidos ata o momento son moi positivos.

No campus de Pontevedra, as sesións celébranse tódolos mércores entre as 10 e as 12:30. Continuarán ata finais de xuño.