Pontevedra é a cidade galega que máis paga polo servizo de recollida de lixo

PONTEVEDRA > Pontevedra é, segundo datos da OCU, a cidade galega que máis paga pola recollida de lixo e a cuarta en España. En total, cada veciño da Boa Vila paga unha media anual de 131,58 euros. Unha cantidade que, segundo o PP, é inxustificada tendo en conta a calidade do servizo. Por iso, os populares seguen apostando pola recollida porta a porta. Un modelo que está xa implantado en cidades como Oviedo.

Oviedo foi unha das cidades pioneiras na eliminación dos colectores nas rúas e na utilización do sistema de recollida de lixo porta a porta. Por iso, membros do Partido Popular de Pontevedra visitarán nos vindeiros días a capital de Asturias para coñecer máis de cerca esta iniciativa. Un sistema que os populares desexan importar á Boa Vila.

131, 58 euros. Isto é o que custa a cada pontevedreses, de media anual, o sistema de recollida de lixo. Un prezo que, segundo os populares, non é acorde coa calidade do servizo.

Rafa Domínguez está convencido de que esta situación é unha das consecuencias principais de que o goberno municipal estea tan centrado na compostaxe. Por iso, os populares levarán ao vindeiro pleno unha moción na que pedirán a mellora da xestión dos residuos.

E malia que os populares defenden a implantación dun sistema de recollida de lixo porta a porta, Rafa Domínguez tamén quixo recoñecer esta mañá que o goberno municipal -e en concreto o alcalde- non é responsable dos actos de incivismo que se poidan producir neste eido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí