Arranca o Obradoiro de Hostalería en Boiro

BOIRO> Esta mañá arrancaba o Obradoiro de Emprego de Hostalería Boiro 3 que consta de dúas especialidades: Operacións Básicas de Cociña e Operacións Básicas de Restaurante-Bar. Na acción formativa participan un total de dezaseis persoas, oito en cada un dos módulos.

As aulas do viveiro de empresas en Espiñeira acollían esta mañá o acto de presentación do Obradoiro de Emprego de Hostalería de Boiro. Durante un período de seis meses, dende outubro a marzo, os dezaseis participantes nesta modalidade formativa, todos eles menores de trinta anos incluídos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, formaranse en dúas especialidades, unha de Operacións Básicas de Cociña e outra de Operacións Básicas de Restaurante-Bar.

Neste primeiro día de clase, os alumnos tiveron a visita do alcalde, José Ramón Romero, e do concelleiro de Xuventude e Comercio, Marcos Fajardo, que destacaron a importancia da iniciativa de cara a mellorar a empregabilidade e a cualificación dos alumnos

Pasados seis meses os alumnos-participantes no obradoiro, confinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo, obterán un certificado de profesionalidade Nivel 1, co que de seguro mellorarán as súas posibilidades de poder acceder ó mercado laboral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí