Canarga executará a reforma da fachada marítima de Aguiño

RIBEIRA> Adxudicada provisionalmente a remodelación da fachada marítima de Aguiño. A empresa Canarga será a encargada de executar este ambicioso proxecto orzamentado en preto dun millón de euros.

Trala adxudicación provisional á empresa Canarga do proxecto de remodelación da fachada marítima de Aguiño, tan só está pendente a entrega da documentación por parte da firma e finalizar a tramitación dalgún dos permisos para poder iniciar os trabalos canto antes.

Esta actuación mudará por completo a actual imaxe da parroquia, abríndoa ó mar con construción dun paseo marítimo e varios espazos de lecer nos que primará a accesibilidade.

A obra supón, segundo expresou o alcalde, a culminación do importante esforzo inversor realizado polo goberno na parroquia ó longo da lexislatura con obras como o futuro centro de deportes náuticos ou as melloras previstas no conservatorio da localidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí