POBRA> O Nadal xa chegou á Pobra, que aproveitou esta pasada fin de semana para proceder ó acto simbólico do acendido do alumeado.
Como é tradición nos últimos anos, desenvolveuse na praza Alcalde Segundo Durán.
Aínda que o tempo non acompañaba demasiado foron moitos os veciños que non quixeron perderse este acto co que se dá inicio á época do Nadal na localidade.
Aproveitouse tamén para proceder ó descubrimento do belén municipal, localizado na praza do Emigrante.
Como acontece tódolos anos o nacemento incorpora este ano algunha que outra novidade.
Do seu deseño e montaxe encargouse a María Sanmartín, xardineira municipal, que este no contou tamén coa colaboración do persoal e usuarios do Centro de Atención á Discapacidade que se encargaron eles mesmos de realizar tamén parte do decorado.
Tampouco faltou a tradicional chocolatada, poñendo a nota gastronómica a esta xornada, que cada ano esperta un maior interese da veciñanza.











